2 Aniversario

E xa van dous anos!!!

Este sábado pasado, o 27 de agosto, na A.C. Son d’aquí cumprimos dous anos. A efeméride cadrou coa primeira actuación de baile na nosa cidade, na Praza de Vigo da Coruña, dentro da edición especial do programa municipal “Árdelloeixo” co gallo da celebración da Romaría de Sta. Margarida. Non había mellor xeito de celebrar o noso aniversario!!! Así e todo, proximamente volveremos xuntarnos todos os socios e amigos para facer festa e foliada. Estade atentos.

Neste último ano, a asociación seguiu medrando, abríndose e consolidándose coa incorporación de novos membros ás escolas, á directiva e aos grupos artísticos. Inda temos moito traballo por diante pero, paseniño cara adiante, seguimos dando pasos. En Son d’aquí inda somos moi novos e non temos case historia, pero temos a mellor xente do mundo.

Moitísimas grazas a todos e a polo terceiro ano!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *