banner debuxo e pintura

Adultos e nenos/as a partir de 8 anos

Impartida polo artista Xulio Caeiro, esta actividade vai dirixida tanto a persoas que queren iniciarse como aquelas que xa teñen destrezas no debuxo e a pintura. O mestre adaptarase ao nivel de cada alumno/a, sendo as clases personalizadas.

Debuxo con lapis de grafito, carbonciño e pasteis. Pintura con óleo, acrílico, acuarela e tinta.

Na primeira clase non será preciso levar ningún material.

Horarios:

  • Grupo Mañás: Xoves. De 11 a 12:30 h. *Posibilidade de adaptar o horario por acordo entre alumnado e profesor.
  • Grupo Tardes:
    • Menores (de 8 a 12 anos): Xoves de 17:00 a 18:30 h.
    • Adultos: Xoves de 18:30 a 20:00 h.

Lugar:  Local da asociación (Rúa Santo Tomás nº 40 – Monte Alto)
Mestre: Xulio Caeiro
Prezo mensual: 25 euros (socios/as*). Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais). En caso de socios/as xuvenís, a cota é de 2 euros/mes.

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!

PRAZAS LIMITADAS!