Arquivo da categoría: Uncategorized

Son d’aquí, de novo no Serán do Sor

Case un ano despois da nosa primeira actuación no Serán do Sor do ano 2015, os nosos amigos da A.C. “O Son do Sor”, volveron convidarnos ao Barqueiro para participarmos no serán deste ano, onde presentaban a súa nova “Orquestra de Gaitas de Fol e Percusión”.Coma sempre,  tratáronnos coma reis, unha gozada tocar no Barqueiro

Obradoiro de Afinación e Tempero da Gaita

Como complemento á nosa oferta formativa relacionada coa música e o baile tradicionais galegos, o sábado 12 de decembro, pola mañá,  imos organizar un Obradoiro de Afinación e Tempero da Gaita, impartido polo gaiteiro e construtor de gaitas Antón Varela, compoñente d’Os Cempés, no que ademais de aprender, traballaremos o tempero da gaita coa axuda

Grazas por un serán inesquecible

Como ben puidestes ver moitos, o pasado sábado 27 de xuño, despois de moito traballiño e algunhas emocións e incertezas de última hora, celebramos o primeiro Serán d’aquí na Praza dos Avós en Monte Alto, A Coruña. En Son d’aquí estamos moi contentos de como se desenvolveu a festa e agardamos que vós o pasarades, polo

O Serán d’aquí ponse en marcha!!!

Despois dun tempiño matinando a idea de organizar algo no barrio que nos acolle, e unha vez reunidos co Concello da Coruña, que se ofreceu a colaborar e apoiar o evento, podemos anunciarvos a celebración o sábado 27 de xuño do “Serán d’aquí” na Praza dos Avós, no Barrio de Montealto, non moi lonxe de

A nosa primeira actuación.

O pasado día 2 de abril, Xoves Santo, Son d’aquí participou a través da súa charanga tradicional na Sesión Vermú do Serán do Sor no Barqueiro, nunha actuación moi especial para todos. Para a historia da asociación quedan “O Galo d’Ouro” como a primeira peza que se tocou, no pasarrúas previo, e “Paseando por Cecebre”