Arquivo da categoría: Uncategorized

Obradoiro de pandeiro cadrado

Construción de pandeiro cadrado (obradoiro)

Descrición do obradoiro O próximo domingo 27 de maio organizamos un obradoiro de construción de pandeiro cadrado como complemento á nosa oferta formativa relacionada coa música tradicional galega. A través deste obradoiro coñeceremos e aplicaremos as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosida a man. O alumnado levarase ao remate do

Principiamos o verán co Serán d’aquí.

O tempo vai pasando e cando nos decatamos, xa estamos principiando o verán. Un verán que para Son d’aquí vai ser moi especial, pois, ademais das actuacións de non parar destas datas, por primeira vez o noso grupo artístico viaxará fóra para representar a Galiza no Festival Interfolk de Le Puy-en-Velay (Francia). Pero antes diso,

O Entroido de Samede e Son d’aquí

Un dos proxectos máis bonitos e gratificantes nos que está agora mesmo involucrado Son d’aquí é a recuperación do Entroido de Samede. Samede é un lugar da parroquia de San Xiao de Vigo, no concello de Paderne, perto da Coruña. Un día, na escola de Paderne mandaron os nenos facer unha pescuda sobre tradicións e

Asemblea Ordinaria 2017

Como xa vén sendo tradicional principiamos o ano en Son d’aquí coa asemblea anual ordinaria da asociación. Nela falaremos do estado da entidade, do traballo da directiva, das distintas comisións que existen e o traballo que desenvolven, das contas, dos logros acadados en 2016, dos obxectivos para este ano que comezamos… En Son d’aquí presumimos

Bo Nadal e Ventureiro Aninovo!!!

Dende Son d’aquí queremos desexarvos unhas boas festas en boa compaña e con moita foliada. Tamén, agradecervos este ano de traballo, esforzo, participación…e troula, por suposto, que haber, houbo tempo para todo. Que o 2017 nos traia o dobre da felicidade e a metade das penas deste 2016 que esmorece; moito baile e moita música

Hoxe estamos de festa!!!

Adiouse o conto, pero ao final todo acaba por chegar: Hoxe celebramos o segundo aniversario de “Son d’aquí” (por fiiiin!!!). Alumnos, mestres, grupos artísticos, socios amigos, amigos, amigos consortes, “o curmán de La Almunia de Doña Godina que teño na casa pasando uns días e non sabía que facer con el”….vémonos todos no “Sanjurjo de

E xa van dous anos!!!

Este sábado pasado, o 27 de agosto, na A.C. Son d’aquí cumprimos dous anos. A efeméride cadrou coa primeira actuación de baile na nosa cidade, na Praza de Vigo da Coruña, dentro da edición especial do programa municipal “Árdelloeixo” co gallo da celebración da Romaría de Sta. Margarida. Non había mellor xeito de celebrar o

Achégase o Serán d’aquí!!!

Semellaba lonxano no tempo, que non ía chegar nunca, pero xa quedan pouco máis de dúas semanas para o “Serán d’aquí”. As mensaxes bulen nos teléfonos na comisión organizadora do serán. Levan máis de dous meses preparando todo para conseguir superar o éxito do noso primeiro serán do ano pasado, e polas trazas, parece que

Son d’aquí na homenaxe a Manuel Naveira Rodríguez

Pasa sempre. Detrás de todo proxecto adoita haber xente que está aí, apoiando a idea, sen facer ruído, sen facerse notar, pero sen a cal o proxecto sería imposible de levar a cabo. Na A.C. Son d’aquí, unha destas persoas foi Manuel Naveira, Manolo, o director das Escolas Eusebio da Guarda que, a petición da

Nova foliadiña de “Árdelloeixo”

O vindeiro sábado 9 de abril, a partir das 12.30, celebrarase unha foliadiña na rúa Barcelona dentro do programa “Árdelloeixo” do Concello da Coruña, do que Son d’aquí forma parte. Desta volta, os encargados de organizala somos nós e queremos encher a rúa Barcelona de música e baile tradicional. Por iso, collede os instrumentos, atade