Baner Campamento Son daqui

Formulario de inscrición (aínda quedan prazas!)

Información xeral

O campamento Son d’aquí ten como carácter distintivo estar enmarcado e organizado por unha asociación cultural na que o fomento, conservación e divulgación da cultura tradicional galega, en calquera das súas manifestacións, é un dos seus principais fins.

Perseguimos ofrecer unha experiencia lúdica e pedagóxica na que os nenos e nenas gocen do seu tempo de lecer, xunto con outros compañeiros e compañeiras, ao tempo que aprenden xogando con elementos relacionados coas diferentes artes da cultura galega.

A través do fío conductor que levará cada sesión do campamento, os rapaces e rapazas terán a oportunidade de crear novas amizades ao tempo no que aprenden valores tan importantes como compañeirismo, xenerosidade, respecto polos demais…

Vai dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos.

dirección do campamento corre a cargo de Manuela Varela, actriz de televisión e teatro, e mestra das actividades de Xogo teatral e o Grupo de teatro Amador en Son d’aquí. Contará coa colaboración de Paula Espada, compoñente do grupo artístico de Son d’aquí.

Duración do campamento

O campamento desenvolverase de luns a venres e de 10 a 14 h. Comprenderá do luns 28 de xuño ao venres 3 de setembro de 2021 (10 semanas). Existe a posibilidade de inscribirse de forma mensual ou semanal (ver apartado de “Opcións de inscrición”).
Así mesmo, existe a posibilidade de servizo madrugadores (de 9 a 10 h).

Actividades

Ao longo das semanas de campamento, os nenos e nenas vivenciarán actividades de diversa índole:

  • Actividades de debuxo e pintura, a través das cales coñecerán a diferentes pintores galegos.
  • A música, cancións e contos da nosa terra terán unha presencia fundamental tanto en momentos lúdicos como de relaxación ou de concentración.
  • Práctica de xogos tradicionais e populares.
  • Actividades para potenciar a creatividade, desenvolver as capacidades sociais, axudar ao control dos sentimentos e despregar estratexias de negociación, empatía e axuda mutua.
  • Farase unha achega aos ritmos, sons e bailes tradicionais galegos, contido fundamental das escoliñas d’aquí, que tanto éxito teñen entre nenos e nenas.
  • A través do xogo dramático, crearanse personaxes e gozarán coa súa posta en escena, incluíndo música e danza.
  • Os xogos a través de ioga e outras actividades de respiración e relaxación que axudarán a activar a concentración, estimular a creatividade, fortalecer músculos e potenciar a flexibilidade.
  • E moito máis!

Sempre que o tempo o permita, os xogos serán ao aire libre nalgunha das prazas situadas ao lado do local da asociación.

Material necesario

Os nenos e nenas participantes do campamento deberán levar cada día o seguinte material:

  • Mascarilla.
  • Roupa e calzado cómodo que lle permita correr, saltar e xogar (tamén na rúa).
  • Un par de calcetíns cómodos para poder descalzarse.
  • Unha toalla (para tumbarse sobre ela).
  • Un botellín de auga identificado co nome do neno/a.
  • Merenda para media mañá, nun recipiente ou bolsa marcada co nome do neno/a.

Opcións de inscrición e prazas

Existe tres alternativas de inscrición:

1º. Campamento íntegro: Abranguerá a totalidade de duración do campamento, en total 10 semanas de duración.

2º. Inscrición mensual: Os períodos serán os seguintes:

  • Mes de Xullo: Do luns 28 de xuño ao venres 30 de xullo. De 10 a 14 h. (5 semanas).
  • Mes de Agosto: Do luns 2 de agosto ao venres 3 de setembro. De 10 a 14 h. (5 semanas)

3º. Campamento por semanas: Pódese inscribir en semanas consecutivas ou alternativas. As posibilidades son as seguintes:

  • Semana 1: Do 28 de xuño ao 2 de xullo. De 10 a 14 h.
  • Semana 2: Do 5 ao 9 de xullo. De 10 a 14 h.
  • Semana 3: Do 12 ao 16 de xullo. De 10 a 14 h.
  • Semana 4: Do 19 ao 23 de xullo. De 10 a 14 h.
  • Semana 5: Do 26 ao 30 de xullo. De 10 a 14 h.
  • Semana 6: Do 2 ao 6 de agosto. De 10 a 14 h.
  • Semana 7: Do 9 ao 13 de agosto. De 10 a 14 h.
  • Semana 8: Do 16 ao 20 de agosto. De 10 a 14 h.
  • Semana 9: Do 23 ao 27 de agosto. De 10 a 14 h.
  • Semana 10: Do 30 agosto ao 3 de setembro. De 10 a 14 h.

O campamento terá prazas limitadas. Terán preferencia os/as nenos/as socios/as e aqueles/as que se inscriban no campamento enteiro ou no mensual (por esta orde de prioridade).

Custo e descontos

A continuación tedes os prezos en función da opción de inscrición e os descontos para nenos e nenas socias da asociación:

Taboa prezos Campamento 2021 e Madrugadores

No caso de irmáns que coincidan temporalmente no campamento, un deles terá un desconto de 5 euros por semana na que se inscriba.

Forma de pago

A través de ingreso ou transferencia ao número de conta que se facilitará de obter praza.

Medidas de seguridade COVID-19

A continuación tedes as medidas de seguridade COVID19 que se tomarán cada día:

  • Control de temperatura á chegada (deberá ser inferior a 37º).
  • Sinatura diaria dunha declaración xurada de non ter ningún síntoma relacionado co COVID-19 nin contacto con outra persoa infectada.
  • Uso de hidroxel á chegada e nos momentos no que se estime necesario.
  • Máscara obrigatoria, excepto cando se poida manter a distancia de seguridade.
  • Lavado de mans cada 2 h ou nos momentos necesarios.
  • Distancia de seguridade durante a merenda.
  • Limpeza e desinfección do material utilizado.

Inscrición e documentación a achegar

Para inscribirse, é necesario cumplimentar o seguinte formulario: Inscrición.

Posteriormente nos poñeremos en contacto convosco por correo indicándovos a documentación a entregar e os pasos para formalizar a matrícula.

 

Cartel do Campamento Son d'aquí - Verán 2021