A Asociación Cultural Son d’aquí fundouse na Coruña o 27 de Agosto de 2014. Chegamos coa ilusión e as ganas de desfrutar e compartir con todos a alegría e a paixón polo folclore, a música e o baile da nosa terra. Somos un grupo de xente heteroxénea, unidos polo amor á nosa cultura, que decidimos xuntarnos para gozar do legado tradicional de Galiza e transmitilo ao mundo. Nós somos da terra, somos d’aquí! Úneste a desfrutar con nós?

Ademais dun nutrido grupo de baile, na actualidade contamos cun grupo de música tradicional e un grupo de cantareiras. Temos máis proxectos en mente e esperamos incorporar novas seccións no futuro. (Para máis información consulta o noso dossier).

Contamos tamén coas Escolas d’aquí, abertas a todos aqueles que queirades aprender baile tradicional, gaita, pandeireta, tambor, acordeón, clarinete ou saxo. Ademais, os máis cativos teñen unha oferta cada vez máis ampla de Escoliñas ás que asistir, e coas que queremos ir facendo canteira e incorporar aos pequenos e pequenas ao mundo da música e o baile tradicional galegos. Somos novos, pero temos intención de seguir medrando e incorporando novas disciplinas artísticas para levar o baile, a música e o son de Galiza, o noso son, a todas partes.

grupo baile Son d'aquí

Dossier en diferentes linguas:  Dossier Galego Dossier Castellano Dossier Inglés Dossier Portugués Dossier Francés