Asemblea Ordinaria 2017

Como xa vén sendo tradicional principiamos o ano en Son d’aquí coa asemblea anual ordinaria da asociación. Nela falaremos do estado da entidade, do traballo da directiva, das distintas comisións que existen e o traballo que desenvolven, das contas, dos logros acadados en 2016, dos obxectivos para este ano que comezamos… En Son d’aquí presumimos de ser unha asociación participativa e queremos saber que pensades realmente os socios e escoitar críticas, louvanzas e ideas e suxestións para seguir desenvolvéndonos. Por iso pregámosvos que enchades o cuestionario que vos enviamos e que participedes activamente na asemblea. Queremos que Son d’aquí sexa o que queiran os socios que sexa.

Coma sempre, despois da asemblea, haberá pinchos e foliada aberta a socios e amigos.

Daquela, vémonos o vindeiro venres 20 de xaneiro ás 20 h no C.E.I.P. “Sanjurjo de Carricarte”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *