Cartel Asamblea

Asamblea Xeral Son d’aquí

Xa está convocada a primeira asamblea ordinaria da nosa asociación para o venres 16 de xaneiro ás 21:00 horas no local social da AA.VV. das Atochas-Monte Alto, que moi amablemente nos cederon para a ocasión.
Consultade os vosos correos electrónicos, onde atoparedes a convocatoria oficial así como as copias da documentación que se tratará na asamblea. No mesmo correo tedes tamén a información para acceder á Zona de Socios desta web, onde dispoñedes de máis documentación do voso interese.
Tamén incluimos o enlace a un sinxelo formulario para achegar as vosas ideas, propostas e aportacións. Animádevos a participar e así construir Son d’aquí entre todos!

Ao remate da Asemblea teremos música, pinchos e moita festa! Non faltedes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *