O perfil do alumnado podería variar entre nenos/as de diversas idades ate adultos (recomendamos unha idade mínima de 7 – 8 anos polas esixencias físicas do instrumento, xa que implicaría a adquisición dun adaptado para nenos de menor idade). Non é necesario un coñecemento musical teórico práctico previo pois a dinámica das clases e do instrumento son adaptables. Recoméndase a adquisición dun instrumento, para un mellor aproveitamento das clases, aínda que o profesor facilitará algúns durante o horario establecido.
As clases centraranse na súa meirande parte na aprendizaxe personalizada. O repertorio impartido centrarase, fundamentalmente, en pezas tradicionais galegas, facendo fincapé nas propias do acordeón e do canto, aínda que tamén se incluirán pezas tradicionais doutras partes do mundo. Explicaranse diversos elementos de técnica interpretativa e daranse exercicios prácticos adaptados ao nivel e evolución de cada alumno. Aportaranse diversos materiais fotográficos, de lectura e de audio para unha achega ao coñecemento da mecánica e historia do instrumento.
Tratarase de reservar certo tempo das clases para o ensaio e creación de combos entre os propios alumnos de acordeón ou, dentro da medida do posible, con outros instrumentos propios de outras clases da mesma asociación.
Promoverase a realización e asistencia do alumnado a diversos eventos musicais (foliadas, cantos de taberna, galas, concertos, etc.) coa fin de poñer en práctica o aprendido nas aulas e de interactuar con outros músicos.
Horario:
Acordeón Piano: Os martes de 20:00 a 21:00.
Acordeón Diatónico: Os martes de 21:00 a 22:00
Lugar: CEIP Eusebio da Garda
Mestre: Alberte Núñez
Prezo mensual: 20 euros (socios/as*). Non socios/as: 35 euros.
* A cota de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (cota semestral)
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!
PRAZAS LIMITADAS!