Achégase o Serán d’aquí!!!

Semellaba lonxano no tempo, que non ía chegar nunca, pero xa quedan pouco máis de dúas semanas para o “Serán d’aquí”. As mensaxes bulen nos teléfonos na comisión organizadora do serán. Levan máis de dous meses preparando todo para conseguir superar o éxito do noso primeiro serán do ano pasado, e polas trazas, parece que se vai polo bo camiño.

Ruadas, sesión vermú, obradoiro de trebellos, xogos populares, obradoiro de baile, foliada, sorteos…dende “Son d’aquí” queremos compartir convosco o noso amor pola cultura tradicional galega ofrecéndovos un día enteiro de festa rachada con actividades para tod@s. Unha mágoa que o día non teña máis horas para organizar máis cousas e darlles máis tempo para tocar a todos os grupos que nos solicitaron participar no serán. Dende aquí o noso agradecemento por viren pasar o día connosco.

Ide gardando xa oco na axenda para pasarvos o sábado 9 de xullo pola Praza dos Avós, que o “Serán d’aquí” xa está aí.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *