EscolasBaileTrad

Baile Iniciación.

Actividade dirixida a aquelas persoas que nunca tiveron contacto co baile tradicional galego. Ao longo do curso aprenderán puntos básicos de muiñeira/xota e os correspondentes puntos de volta seguindo o ritmo da música, a colocación de brazos e corpo en xeral, a bailar en grupo, e incluso a sacar puntos sinxelos.

Duración: 1 hora e 30 minutos.
Horario: Sábados de 10:30 a 12:30 (horario a precisar co mestre segundo necesidades do grupo).
Lugar: CEIP Curros Enríquez (entrada lateral)
Mestra: Tito Iglesias
Prezo mensual: 11 euros (socios/as*). Non socios/as: 20 euros.

* A cota de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (cota semestral)

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA! Setembro de balde!


Baile Perfeccionamento.

Actividade dirixida a persoas que xa tiveron un inicio no baile galego (sen limite de idade) e coñezan nun nivel básico as posicións dos pés, das pernas e dos brazos nos bailes e danzas galegas e a súa execución cun sentido rítmico axeitado.
Algúns dos contidos do curso serán: Práctica e execución dos bailes e danzas galegos. Recursos técnicos (puntos, voltas, picados, etc). Perfeccionamento na coordinación e colocación corporal. Distintos xeitos de interpretación do baile dependendo das comarcas naturais da Galiza. Emprego da improvisación para o desenvolvemento da creatividade. O movemento en relación coa intención expresiva. Participación en manifestacións relacionadas co baile para formarse na cultura tradicional e o desenvolvemento dun criterio artístico.

Duración: 1 hora e 30 minutos.
Horario:  Martes de 20:00 a 21:30.
Lugar: CEIP Eusebio da Guarda (Praza Pontevedra)
Mestre: Xabier Espasandín
Prezo mensual: 11 euros (socios/as*). Non socios/as: 20 euros.

* A cota de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (cota semestral)

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA! Setembro de balde!