A Asociación Cultural Son d’aquí fundouse na Coruña o 27 de Agosto de 2014. Chegamos coa ilusión e as ganas de desfrutar e compartir con todos a alegría e a paixón polo folclore, a música, o baile e as cantigas da nosa terra. Somos un grupo de xente heteroxénea, unidos polo amor á nosa cultura, que decidimos xuntarnos para gozar do legado tradicional de Galiza e transmitilo ao mundo. Nós somos da terra, somos d’aquí!. Úneste a desfrutar con nós?

Na actualidade contamos cun cuarteto, un grupo de música tradicional, un nutrido grupo de baile e unha charanga tradicional. Temos máis proxectos en mente e esperamos incorporar novas seccións no futuro. Xa contamos tamén coas Escolas d’aquí, abertas a todos aqueles que queirades aprender gaita, pandeireta, clarinete, percusión ou baile tradicional, e ademais, este ano estreamos as Escoliñas, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 15 anos, coas que queremos ir facendo canteira e así incorporar aos máis cativos ao mundo da música e o baile tradicional galegos. Somos novos, pero temos intención de seguir medrando e incorporando novas disciplinas artísticas para levar o baile, a música e o son de Galiza, o noso son, a todas partes.

Son de mar
Son de vento
Son de terra…

Son d’aquí

grupo baile Son d'aquí

Dossier presentación 2015 (Galego)